Escoitar

O alcalde, Chus Lago e Xulio Calviño presentaron este xoves as bandeiras azuis

O alcalde e os concelleiros procederon este xoves á presentación das seis bandeiras azuis outorgadas á cidade para este verán. Na tempada estival operarán 22 socorristas pola semana e 24 os fins de semana, 14 integrantes da sección Costa e Praia da Policía Local e 5 embarcacións de Protección Civil. A Cruz Vermella prestará asistencia en 8 areais vigueses. <br />

xoves, 3 xul 2008
1215090650bandeiras.jpg
O alcalde, Abel Caballero, e os concelleiros de Medioambiente, Chus Lago, e Seguridade, Xulio Calviño, presentaron hoxe xoves de xeito oficial as bandeiras azuis outorgadas neste ano a seis praias viguesas.

O servizo de socorrismo do Concello traballará durante os tres meses da tempada estival en nove areais vigueses (Samil, Vao, Rodas, Tombo do Gato, Canido, Argazada, A Punta, Fontaíña e Fortiñón), con 22 efectivos durante a semana e 24 nas fins de semana.

A brigada Costa e Praia da Policía Local de Vigo contará con 14 integrantes, dous deles se incorporan este xoves, coordinados por un oficial. Protección Civil, pola súa banda, aporta 5 embarcacións, dúas durante a semana e 3 para a fin de semana.

A Cruz Vermella presta servizo en todas as praias nas que existe servizo de socorrismo exceptuando a de Fortiñón, en Saiáns, aportando medios humanos e técnicos. Haberá dous socorristas en todos os areais e catro en Samil, con postos de asistencia e material sanitario en todas elas. Samil conta asemade cunha ambulancia.
Descargar todas as imaxes