xoves, 3 xul 2008
A Xerencia de Urbanismo deste xoves aprobou a posta en marcha dun Plan para "actuar contra as ilegalidades urbanísticas", informou o alcalde, para facer cumplir as sancións. Dez inspectores do Concello, de motu propio, vixiarán o litoral, as zonas verdes e calquera actuación urbanística ilegal, e farán un seguimento e control da súa tramitación e resolución ata a clausura do expediente.
xoves, 3 xul 2008
A concelleira de Benestar Social, a nacionalista María Méndez, salientou hoxe a aposta que realiza a súa concellería para ofrecer actividades de lecer para nenos e nenas con discapacidade. A edil do BNG realizou estas declaracións durante a visita que realizou ao campamento que Benestar Social está a desenvolver no colexio público Saladino Cortizo, dirixido a rapaces e rapazas con características especiais.<br />
xoves, 3 xul 2008
O alcalde e os concelleiros procederon este xoves á presentación das seis bandeiras azuis outorgadas á cidade para este verán. Na tempada estival operarán 22 socorristas pola semana e 24 os fins de semana, 14 integrantes da sección Costa e Praia da Policía Local e 5 embarcacións de Protección Civil. A Cruz Vermella prestará asistencia en 8 areais vigueses. <br />
xoves, 3 xul 2008
Este xoves inaugurouse a Alcaldía como espazo aberto "para difundir a arte" con obras do prestixioso pintor Antonio Quesada. As súas salas, ata o despacho do alcalde, serán empregadas desde hoxe para "combinar a política e a arte", subliñou Abel Caballero, con mostras periódicas tanto de recoñecidos artistas como de pintores noveis.
xoves, 3 xul 2008
O grupo de rock Pereza actuará en Vigo o vindeiro día 22 de xullo no Auditorio de Castrelos. Ese foi o acordo ao que o concelleiro de Cultura, Xesús López, chegou está mañá coa promotora responsable do concerto, logo de ter que anunciar un aprazamento debido aos compromisos promocionais do grupo.