mércores, 19 abr 2023
O Concello conmemora esta efeméride con accións de promoción do exercicio e a vida saudable entre o alumnado de varios centros escolares da cidade.
luns, 17 abr 2023
Coincidindo coa proximidade da temporada estival, 140 efectivos da Policía Local recibirán formación en reanimación cardiopulmonar e uso correcto do chaleco de rescate acuático. Serán catorce os axentes que realizarán este curso cada xornada, desde hoxe ata o 28 de abril.
luns, 17 abr 2023
Esta mañá o rexedor informou que o prazo para anotarse nas 600 prazas arrincará o luns 24 de abril a través do 010.
martes, 11 abr 2023
Este é o terceiro ano que o goberno municipal organiza esta formación gratuíta de 190 horas coas que forma a homes e mulleres que poderán traballar no servizo de socorrismo este verán.
martes, 4 abr 2023
O alcalde deu conta desta cuestión, aprobada na xuntanza desta mañá, e que permite mellorar o proxecto da senda do Lagares entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid.
luns, 3 abr 2023
O alcalde visitou este luns o parque biosaudable de Coutadas, un dos espazos da senda nos que se van desenvolver propostas de actividade física para persoas maiores, adultos, centros educativos e asociacións.
venres, 31 mar 2023
O Concello financiará boa parte da humanización de Romil con fondos Next Generation EU, dado que vén de recibir outros 700.000 euros. Deste xeito, o proxecto prevé a rexeneración e o acondicionamento do espazo urbano, mellorando a mobilidade peonil, entre outras melloras.
venres, 31 mar 2023
O alcalde de Vigo destaca a importancia da creación deste comité científico internacional, sinalando que "supón un paso crucial para consolidar as aspiracións das Illas Cíes como Geoparque da UNESCO”. A previsión é presentar a candidatura oficial a este recoñecemento en 2024.
venres, 24 mar 2023
Complétase o corredor mecánico desde o cruce de María Berdiales ata Praza de España coa posta en marcha das ramplas entre Venezuela e Nicaragua. O alcalde di que esta forma de mobilidade “é un exemplo que están a ter en conta outros alcaldes e alcaldesas de España”. O Concello investiu cerca de 10 millóns de euros na humanización e mecanización da Gran Vía.
mércores, 22 mar 2023
O Concello amosa o seu compromiso co medioambiente sumándose á Hora do Planeta "polo clima, natureza e a loita co cambio climático", tal e como expresou o alcalde. Deste xeito, as luces da Casa Consistorial, as fontes de Aragón e Gran Vía, a Praza España e a pérgola de Travesas estarán apagadas entre as 20:30 e as 21:30 horas.