Escoitar

O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil

O alcalde participou este luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra coa que se recuperará para o uso cidadán o tramo comprendido entre o Camaleón e Punta Samil.

luns, 25 mar 2024

Cun orzamento de 1.801.021 euros e un prazo de execución de nove meses, o goberno municipal humanizará o citado tramo da Avenida de Samil mellorando “as beirarrúas, o aparcamento e poñendo máis árbores”.

Ao mesmo tempo, tal e como sinalou Abel Caballero, o Goberno de España asume o proxecto de recuperación da praia de Samil facendo “un novo paseo, máis ancho e con máis praia, facilitando o uso do areal para máis xente e en mellores condicións”. Para iso dedica un orzamento 2.126.151 euros, que se suman aos 1,8 millóns de orzamento municipal para a humanización de Samil.

“Será unha obra excepcional de recuperación da Avenida e do paseo de Samil” adiantou Caballero ao explicar que o tramo urbano da avenida de Samil contará con zona de aparcamento, unha beirarrúa de 2,5 metros de ancho, na zona onde non hai na actualidade, mentres que o lado praia será humanizado, con beirarrúas que terán un ancho de 6 metros “de forma que teremos acceso mellor á praia”. O proxecto recolle tamén a redefinición da glorieta coa instalación dunha escultura, a renovación de toda a iluminación con luminarias LED de alta eficiencia enerxética, a renovación das redes de abastecemento e saneamento e a instalación de nova sinalización e mobiliario urbano.

 

Descargar todas as imaxes