xoves, 19 abr 2007
La alcaldesa, Corina Porro, entregó hoy jueves los 22.000 euros recaudados en la pasada edición del parque de ocio infantil Vigolandia a tres entidades benéficas: la Fundación Cumbre, la Asociación de Ayuda al Africano AIDA y la Asociación Agaja.
venres, 30 mar 2007
Durante esta fin de semana teñen lugar en Vigo os actos da Reconquista, cos que se conmemora cada ano a vitoria sobre as tropas napoleónicas, culminada o 28 de marzo de 1809. Animación de rúas, exposicións e demostracións de oficios tradicionais conforman o programa da celebración.
venres, 30 mar 2007
Durante este fin de semana tienen lugar en Vigo los actos de la Reconquista, con los que se conmemora cada año la victoria sobre las tropas napoleónicas, culminada el 28 de marzo de 1809. Animación de calles, exposiciones y demostraciones de oficios tradicionales conforman el programa de la celebración.
venres, 2 mar 2007
A concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural "Interfolc", as "VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas", que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 4 e 18 de marzo , a partir das 20'00 horas.
martes, 20 feb 2007
O Entroido chega ao seu fin mañá mércores, día 21, co desfile do enterro do Meco, que terá lugar a partir das 19:30 horas , no que a comitiva de comparsas acompañará ao cadaleito polas rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.
luns, 19 feb 2007
Continua a festa do entroido de Vigo con actividades adicadas ao público infantil.
venres, 16 feb 2007
O programa oficial do Entroido 2007 iniciarase hoxe venres ás 19:00, cando Eva Carrera, participante de OT,lea o pregón das festas na praza da Constitución. Despois, no mesmo lugar, celebrarase a segunda e definitiva xornada do concurso de coplas e procederase á entronización do Meco, que este ano fará ao AVE e á Depuradora.
mércores, 14 feb 2007
A praza da Constitución será o escenario onde actuarán os grupos que participan no concurso de coplas do Entroido vigués co que o Concello pretende rescatar , dende hai tres anos, unha tradición que se perdera vinte anos atrás. A primeira cita será o xoves ás 19:00 horas e a segunda o venres , día 16 , á mesma hora.<br />
luns, 12 feb 2007
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves, e o representante das Peñas Recreativas "El Olivo", Juan Carlos Padín, presentaron hoxe a festa do Entroido que se celebrará do 16 ao 21 de febreiro e conta cun presuposto de 100.000 euros. En roda de prensa, o concelleiro lembrou que serán 25 o número de comparsas que desfilarán tanto o sábado 17 como o mércores 21 e que competirán para levarse algúns dos premios establecidos.
venres, 9 feb 2007
Un total de 25 comparsas participarán no desfile do concurso do Entroido 2007 que convoca a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e que percorrerá o vindeiro sábado 17 de febreiro as rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol. Esta mañá celebrouse no Concello o sorteo da orde do desfile.