Vigo vivirá unha noite máxica

luns, 7 ago 2006

O Parque da Riouxa en Teis será o espazo no que se represente a "Noite Máxica de Vigo", mañá martes ás 22.30 horas. Este evento está composto por un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada, xunto á celebración do "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e a actuación de Celtas Cortos, baixo a xestión de Arbot Produccións.