Escoitar

Este mércores celebrase "A Noite Máxica"

O Parque da Riouxa en Teis será o espazo no que se represente a "Noite Máxica de Vigo", mañá mércores 23 de agosto ás 22.30 horas, un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada. Neste evento celebrarase o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e a actuación de Celtas Cortos, baixo a xestión de Arbot Produccións.

martes, 22 ago 2006
1156158493noitemaxica.JPG
Presentación de "A Noite Máxica"
O Concello de Vigo solidarizouse co pobo galego ante a situación límite causada polos incendios, así como coas familias dos mortos da catástrofe, nas pasadas semanas. A Alcaldesa, Corina Porro, fixo un chamamento ós vigueses para que asistan a esta cita, "A Noite Máxica".

No anfitearto do Parque da Riouxa montarase un escenario duns 400m², onde se celebrará o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e seguidamente actuará o grupo vallesoletano, Celtas Cortos. Durante todo o evento percibiranse continuos cambios na envolvencia visual do espazo, tamén xurdirán efectos pirotécnicos puntuais que efectuarán as marcacións para surtir os efectos máis inxeniosos cos fogos de artificio. O evento irá crecendo ata unha apoteoses final onde a iluminación, a pirotecnia, o láser e o son, vanse a fundir de forma sincronizada. Dentro da celebración actuarán cerca de 500 gaiteiros dende varios puntos do parque, utilizaranse pantallas Led de gran formato, para conseguir unha proxección de imaxes adecuadas. O broche final estará de mans de Celtas Cortos.

A celebración desta festa de cores e sons durará ó redor de 20 minutos, dos que poden disfrutar xente de todas as idades. A organización será moi rigurosa, para que todo saia sincronizado, estará formada por 146 persoas.

Esta primeira edición do "Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo" é unha toma de contacto para próximos anos, nos que se espera chegar a reunir a 12.000 gaiteiros; segundo o representante de Arabot Produccións, Hipólito Cabezas Gómez, debemos buscar en Galicia "espectáculos propios" e exportalos a todo o mundo, ó mesmo tempo afirmou que un espectáculo como éste "só se pode facer en Galicia, aquí en Vigo"

Os patrocinadores deste evento son o Concello de Vigo, Pescanova, Caixanova e Vitrasa. O custe do evento roza os 240.000 euros. Todos os artistas que acudirán a cita van a participar sen cobrar o seu caché, só os custes de desprazamento e aloxamento.

A empresa de transportes, Vitrasa, porá un servicio gratuíto de autobuses-lanzadeira para desprazar os que o desexen ó Parque da Riouxa. Os autobuses sairán dende Radio Vigo, no Areal nº 6, ata o Parque da Riouxa entre as 21.30 e as 22.00 horas, a volta do parque de Teis será ó finalizar o concerto, aproximadamente a 01.00 horas, ata o Areal.

1156158493noitemaxica.JPG
1156158538fuegos.JPG
Descargar todas as imaxes