O Concello aprobou a instalación dun repetidor de Amena-Auna
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a instalación dun repetidor da rede BSS/UTRAN de Amena-Auna no túnel de Beiramar.
A empresa Intelsis Sistemas Inteligentes S.A solicitou a colocación dun repetidor da rede BSS/UTRAN de Amena-Auna, para dotar de cobertura de telefonía móvil ó túnel de Beiramar. Este inmoble é de titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo e está xestionado en réximen concesional. O vial constitúe un paso inferior na área central do Porto de Vigo, entre o muelle do Berbés e o muelle de Comercio, con destino de tráfico de vehículos.
A Presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo, por Resolución de 1 de decembro de 2005 autorizou ó Concello de Vigo, na súa condición de titular administrativo, a instalación do repetidor da rede BSS/UTRAN de Amena-Auna para dotar de cobertura móvil a área. A Xunta de Goberno deste luns permitiu a súa instalación a empresa de comunicacións.