Escoitar

O Pavillón das Travesas vivirá un espectáculo de fútbol sala internacional

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou o VI Trofeo internacional Concello de Vigo de Fútbol Sala, xunto cos seus organizadores hoxe venres no Concello de Vigo. O campeonato parte coa expectativa de ser o máis importante dos realizados ata agora, tanto a nivel organizativo como deportivo.

venres, 18 ago 2006
1155905774fsala.JPG
Os organizadores do trofeo deportivo e a concelleira de Deporte, Lucía Molares, describiron o desenvolvemento da VI edición do Trofeo Concello de Vigo, onde participarán entre outros equipos a segunda mellor agrupación rusa, Viz Sinara, ademáis reuniranse por primera vez os tres mellores equipos galegos na élite do fútbol sala nacional, o Azkar Lugo, o Autos Lobelle de Santiago e o R. C Celta de Vigo de F. S.

Neste tercer ano consecutivo do trofeo espérase que aumente o número de espectadores en realación á edición pasada, onde no partido xogado polo Pozo de Murcia acudiron cerca de 3.500 persoas. O campeonato levarase a cabo os días 24 e 25 de agosto no pavillón das Travesas.

O conxunto celeste de fútbol sala nesta tempada suponlle un xiro na súa planificación global, entre outras cousas pola incorporación a División de Honor do Fútbol Sala español, a case completa remodelación da plantilla, a chegada dun novo xogador, o obxetivo de asentar todas a súas categorias inferiores e a aposta polo fútbol sala feminino.


Descargar todas as imaxes