Escoitar

Reunión extraordinaria da Comisión Informativa de Control da Contratación

A Comisión Informativa de Control de Contratación aconteceu hoxe venres no Concello de Vigo e tivo como obxeto revisar os procedementos de recadación de tráfico e seguridade víal.

venres, 18 ago 2006
1155901574lucia.JPG
Lucía Molares
A reunión levouse a cabo por mor de incorporar toda a información necesaria ós expedientes do pliego de contratación, conforme os servizos de colaboración nos procedementos de recadación na vía de constrinximento; así como, a recadación e xestión dos expedientes sancionadores por infraccións de tráfico e seguridade vial. Afirmouse que é necesario ter toda a información pertinente antes de levar o documento á Xunta de Goberno Local. Neste sentido, a comisión acordou incorporar o contido das reunións dunha comisión específica creada polo concelleiro Javier Guerra, así como un informe complementario dos servizos económicos que xustifique a subrogación do persoal, segundo informou a concelleira Lucía Molares.
Descargar todas as imaxes