¿Non sabes que facer este verán? pois, "Súbete ó Castro"
O programa de actividades "Subete ó Castro" continúa este verán convertindo o educativo en diversión. Todos os mozos e mozas con inquedanzas poden achegarse ó Castro, calquer día da semana, para disfrutar destas actividades diarias e gratuitas.
O programa de actividades xuvenís volta o domingo, día 20 de agosto, para facer as delicias dos rapaces. A mocidade máis intelectual disfrutará en Castroculturas, dun espazo no que se mostrarán culturas alleas á nosa a través de exposicións e actividades relacionadas. Os artistas poderán crear novas formas nunha aula aberta, con materiais e ferramentas para debuxar, decorar e crear todo o que imaxinen. Tamén impartiranse clases para crear blogs propios, ver curtometraxes en galego e longametraxes ó aire libre.
O programa permaneceu pechado por vacacións dende o 7 ó 20 de agosto
As novas tecnoloxías ocupan este ano un posto moi destacado dentro do programa de verán, os mozos navegarán por internet, chatearán e consultarán o correo electrónico. E para os que non coñezan a rede terán a oportunidade de aprender os mellores trucos de internet.
Capoeira, skate ou karaoke son outros dos cursos dos que os máis activos poden disfrutar. O horario de verán é de luns a xoves de 18:00 a 22:00 e os venres e sábados de 17:00 a 23:00. Máis información en www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes