Escoitar

A exposición "Os Hernández, Ourives de Vigo" dispón de audioguía

O Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" posúe unha audioguía para acompañar a visita á exposición "Os Hernández, Ourives de Vigo", a mostra se está a celebrar nas instalacións do Museo dende o 28 de xuño ata o 30 de novembro. Esta audioguía tamén se pode atopar na web do Museo (www.museodevigo.org).

luns, 21 ago 2006
1156160665quninesdeleon.jpg
Museo Quiñones de León
A finalidade da audioguía é a de ilustrar con datos ós visitantes no percorrido pola exposición "Os Hernández, Ourives de Vigo". Adentrase no proceso creativo do taller dos Hermanos Hernández, dende o ano 1921 no que establecense en Vigo, para coñecer a súa vinculación coa tradición histórica e as súas diversas experiencias estéticas e conceptuais. Pódese observar a versatilidade da súa obra a través das diferentes especialidades artísticas que desenvolveron: esculturas en diversos metais, tallas e cadros en marfil e acibeches, cadros en esmalte, esmaltes aplicados a outros soportes e xoias.

As audioguías servirán de acompañamento polas distintas salas da exposición. Están formadas por reprodutores mp-3 (25 Uds) que levan instalados 13 arquivos que están indicados nos reprodutores cos números e nomes das salas, segundo o plano da exposición que aparece no tríptico que se lles entrega ós visitantes á entrada da exposición. Existen 3 versións da audioguía: en galego, en castelán e en inglés.
Descargar todas as imaxes