luns, 21 agosto 2006

A exposición "Os Hernández, Ourives de Vigo" dispón de audioguía

luns, 21 ago 2006

O Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" posúe unha audioguía para acompañar a visita á exposición "Os Hernández, Ourives de Vigo", a mostra se está a celebrar nas instalacións do Museo dende o 28 de xuño ata o 30 de novembro. Esta audioguía tamén se pode atopar na web do Museo (www.museodevigo.org).

Un campamento na beiramar achega ós nenos ó mundo mariñeiro

luns, 21 ago 2006

O "Campamento de Tempo Libre na Beiramar" da comezo hoxe luns ata o 25 de agosto. Neste programa, promovido pola Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, participarán 30 nenos e nenas entre 7 e 12 anos. Os pequenos realizarán diferentes actividades e obradoiros encamiñados a descubrir o mundo mariño.