Escoitar

"El Kiriko", un campamento con nome de galo

O Campamento na Granxa Escola "El Kiriko", promovido pola Concellaría de Xuventude de Vigo, comezou onte luns, 21 de agosto, e rematará o día 25 do mesmo mes. A actividade pertence á programación de verán "Verán Xove 2006".

martes, 22 ago 2006
1156232536kiriko.jpg
A Granxa Escola "El Kiriko"
Un grupo de nenos e nenas entre 6 e 12 anos subiron, onte luns ás dez da mañá, a un autobús na rúa Venezuela que os levou directamente á Granxa Escola "El Kiriko", en Fornelos de Montes. Nestas instalacións pasarán 5 días en pleno contacto coa natureza.

Neste espazo os máis pequenos realizarán diversas actividades de granxa; traballarán na horta, coñecerán novos animais domésticos e poderán dar paseos polos bosques da zona, ó mesmo tempo, paliarán o calor con xogos e deportes de auga como piragüismo, piscina e praia fluvial, tamén disfrutarán con hípica, obradoiros adaptados a cada idade, xogos, excursións e divertidas veladas de cine ao aire libre, etc.

Este campamento clausurarase o venres, día 25 de agosto, coa chegada da mocidade en autobús ó mesmo punto de partida, aproximadamente ás 18:30h. Nesta ocasión, na súa equipaxe virán tamén novas experiencias e aprendizaxes, así como a satisfacción de ter coñecido novos amigos e amigas e ter compartido a vida dun auténtico granxeiro.
Descargar todas as imaxes