Cores e sons, unha "Noite Máxica" no Parque da Riouxa
A "Noite Máxica" non só presenta un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada, tamén conta coa actuación do lexendario grupo Celtas Cortos e o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo". A festa celebrarase hoxe mércores ás 22:30 horas no Parque da Riouxa.
O Concello de Vigo xunto a Caixanova, Pescanova e Arbot Produccións, empresa que xestiona o evento, puxeron moito empeño para que esta gran festa convértase nunha referencia en Galicia. Os vigueses que acudan a ansiada cita hoxe mércores ás 22:30 horas disfrutarán do "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e da actuación do grupo vallesoletano, Celtas Cortos. O eixo do evento xirará ó redor dun espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada. Durante todo o evento percibiranse continuos cambios na envolvencia visual do espazo. O espectáculo irá crecendo ata unha apoteoses final onde a iluminación, a pirotecnia, o láser e o son, vanse a fundir de forma sincronizada. Na celebración actuarán cerca de 500 gaiteiros dende varios puntos do parque. Utilizaranse pantallas Led de gran formato, para conseguir unha proxección de imaxes adecuadas. O grupo Celtas Cortos cerrará a "Noite Máxica" deste verán 2006.
Transporte gratuíto
Vitrasa porá a disposición de todos os que queran acudir á cita un servicio gratuíto de autobuses-lanzadeira ó Parque da Riouxa. Os autobuses sairán dende Radio Vigo, no nº 6 do Areal, ata o Parque da Riouxa entre as 21.30 e as 22.00 horas. Os autobuses regresarán do parque de Teis ó finalizar o concerto, aproximadamente a 01.00 horas, ata o punto de partida, o nº 6 do Areal.
Descargar todas as imaxes