Gaia acollerá a exposición de apertura da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
venres, 10 mar 2006Galicia e Norte de Portugal disporán dunha nova Axenda Cultural que anunciará os acontecementos máis relevantes dos 18 concellos da eurorrexión
Galicia e Norte de Portugal disporán dunha nova Axenda Cultural que anunciará os acontecementos máis relevantes dos 18 concellos da eurorrexión
A VII Bienal de Pintura Eixo Atlántico inicia a súa andadura co lanzamento da convocatoria dos premios Eixo Atlántico e o premio Xoves Talentos Luso Galaicos. O certame artístico, con seis edicións celebradas, converteuse no segundo en importancia de toda a península ibérica polo número de participantes.
O pazo de congresos e exposicións de Santiago celebra o martes día 31 , ás 10 horas, a asemblea xeral ordinaria do Eixo Atlántico, na que se aprobarán as liñas estratéxicas nas que se desenvolverán as actividades da organización deste ano.
O Torneo Eixo Atlántico de balonmán é unha das iniciativas principais das estratexias de cohesión interna do Eixo. Nel enfróntanse os mellores equipos pertencentes ao Eixo das divisións de honor das ligas portuguesa e española. Este ano terá lugar en Vigo entre o 25 e o 28 de agosto.
Arredor de 300 representantes sociais de Galicia e do Norte de Portugal reuniranse no Auditorio de Ourense os días 30 e 31 de marzo para celebraren o congreso no que se presentarán os Segundos Estudos Estratéxicos do Eixo Atlántico.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, e a concelleira de Medio ambiente, María Xosé Porteiro, asistiron ao acto de clausura do encontro de representantes do Eixo Atlántico que estableceron as condicións para pór en marcha o proceso da Axenda 21. A comisión delegada das concellerías de Medio Ambiente, reunida no salón de actos do Marco, revisou prazos e metodoloxías para publicar as bases de licitación e a posterior adxudicación de proxectos a empresas externas.