xoves, 13 feb 2020
Sétima edición da Gran Bikedada, prevista para este domingo (9:00 horas, Montero Ríos), repetirá a enorme participación do pasado ano entre Vigo e o encoro das Eiras, tocando os municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes e voltando a Vigo.
mércores, 12 feb 2020
Abel Caballero asistiu este mércores ao pavillón Pablo Beiro de Bouzas, onde estudantes do IES Josefa Alonso de Matamá participaron no programa de inclusión “Deporte para todos e todas”. Organizado polo Club Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas e a Fundación Pablo Beiro, o obxectivo da xornada era visibilizar o deporte adaptado.
martes, 11 feb 2020
O alcalde de Vigo participou esta tarde no MARCO na entrega de 14 galardóns en 13 categorías de fútbol e fútbol sala nun acto que servirá de homenaxe aos deportistas vigueses.
martes, 11 feb 2020
O salón de vehículos clásicos homenaxeará a Beny Fernández e celebrará o 110 aniversario de Alfa Romeo, entre outras novidades
xoves, 6 feb 2020
Abel Caballero informou este xoves da contratación deste servizo, “imprescindible” para a execución do futuro túnel de acceso á AP9 desde a rúa Lepanto. Forma parte do convenio dos accesos á estación de Urzáiz, por importe total de 11,8 millóns, cuxas obras se prevén comezar no mes de marzo.
xoves, 6 feb 2020
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe, na presentación da terceira edición da carreira Calvario 5+5, este domingo (10:30 horas), que xa está garantido "o récord de inscricións na proba”, ao achegarse preto dos 1.200 participantes entre atletas sénior (para a 5K e a 10K) e nenas e nenos para as carreiras de menores. Deles, 946 puntuarán na Run Run Vigo entre o 5.000 e o 10.000.
mércores, 5 feb 2020
Volve o Galiexpo Motor Show da man do Concello de Vigo e da Deputación. Manel Fernández, concelleiro de Deportes, deu a benvida a “un evento de gran importancia na nosa cidade porque toca diferentes actividades en torno ao motor e, ademais, é dos que xa non quedan, pois é o único destas características en toda España”, dixo
luns, 13 xan 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns unha nova edición do programa municipal Run Run Vigo de carreiras populares, que continuará impulsando e patrocinando o Concello.
venres, 3 xan 2020
Manel Fernández animou hoxe aos afeccionados a acudir este luns festivo ao Polideportivo de Navia para presenciar o partido entre o Celta Zorka Recalvi e o Durán Maquinaria Ensino lucense (18:30 horas), con entrada gratuíta e correspondente ao Memorial Paco Araújo, en lembranza do que foi presidente do Club Deportivo Bosco dende 2001 ao 2016.<br />
<br />
venres, 20 dec 2019
O campionato, do xoves 26 ao domingo 29 deste mes, cítase por terceiro ano no pavillón do Loureiro, en Carballal, con récord de inscritos (quince equipos de doce clubs, con 300 nenas e nenos) e por vez primeira con equipos doutras comunidades autónomas (Asturias e Cataluña).