venres, 14 dec 2018
Abel Caballero recibiu este venres a una representación do Club Baloncesto Seis do Nadal -Coia que lle presentou os actos cos que conmemoran os primeiros 35 anos da súa historia. O vindeiro luns 17 de decembro ás 20 horas no Hotel Coia terá lugar a Gala do 35 aniversario na que lembrarán o pasado e presente do Club e, un día antes, o domingo 16 presentarán oficialmente a temporada 2018/2019 no Pavillón Municipal de Navia. O rexedor felicitounos pola traxectoria desenvolvida e desexoulles todo o éxito nesta nova temporada. <br />
venres, 14 dec 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a terceira edición do Torneo Concello de Vigo - Globalmar de categoría alevín (9-12 anos) que se vai disputar do 26 ao 28 deste mes no pavillón municipal do Loureiro (Carballal), baixo a organización da Agrupación Deportiva Carballal e co apoio de Globalmar Sealand e da Concellería de Deportes.
martes, 11 dec 2018
O alcalde de Vigo, a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, e unha representación do Patín Vagalume Celtamotor e do FPR El Olivo, clubs que organizan o evento, presentou a Gala Multicor, unha exhibición de patinaxe artística que se celebrará este sábado no Central das Travesas (16:30 horas).
martes, 11 dec 2018
Abel Caballero celebrou o "traballo e talento" dos deportistas vigueses perceptores dunha bolsa da Fundación VIDE que impulsa o Concello e, no que foi salón de sesións do antigo Concello na Praza da Constitución ata os anos 70, anunciou que para o vindeiro ano "imos repensar canto esforzo máis podemos dedicar ao deporte individual".
venres, 30 nov 2018
O alcalde de Vigo presentou hoxe a XXVI Festa do Judo Infantil-Trofeo Mestre de Frutos, prevista para este domingo no Ifevi (11:30) con entrada de balde e co patrocinio do Concello e da Deputación.
xoves, 29 nov 2018
A organización confirmou a participación duns 80 karatecas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta), con presenza de entidades deportivas de Galicia, Madrid, Asturias e Cantabria entre clubs e colexios.
xoves, 29 nov 2018
O Concello investiu 28.000 euros e o rexedor xa avanzou a deportistas e familiares que "temos que aumentala", en referencia a esta axuda para o deporte individual e das modalidades que compiten como tríos, cuartetos ou quintetos.
venres, 23 nov 2018
Abel Caballero participou este venres na presentación da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas e do seu proxecto para acadar o reto de formar un equipo profesional. O alcalde deu o seu apoio á entidade e destacou o esforzo que fai o Concello de Vigo tanto co deporte de elite como de base.
mércores, 21 nov 2018
"Queremos polo menos 10.000". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a San Silvestre 2018, que por sexto ano consecutivo aposta pola contorna da Praza de Compostela e o Casco Vello e vaise celebrar o derradeiro día do ano, luns, ás 17:00 horas.
martes, 20 nov 2018
Abel Caballero asinou este mediodía os convenios de colaboración con entidades educativas, deportivas e sociais viguesas que poderán usar de xeito gratuíto as instalacións deportivas municipais para as súas actividades.