O alcalde anima á participación na Vig Bay 2019

xoves, 4 abr 2019

A vixésima edición da proba, que se celebra este domingo 7 de abril, ofrece dúas modalidades: media maratón ou maratón para os corredores que se sumen ao reto de cubrir a distancia que separa Vigo e Baiona. Durante a presentación da Vig Bay este xoves pola mañá, Abel Caballero eloxiou o traballo realizado pola organización e os colaboradores para conseguir que esta nova edición sexa un éxito.

Concello e Mais que Auga celebran unha xornada de portas abertas

venres, 29 mar 2019

Por mor do Día Mundial da Actividade Física, o grupo Máis que Auga presenta unha xornada de portas abertas en colaboración co Concello de Vigo. Terá lugar o vindeiro sábado 6 de abril, de 16:30 a 20:30 horas nas tres instalación municipais de Máis que Auga (Barreiro, Coia e Navia). O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, participou este venres na presentación

O Concello de Vigo premia aos deportistas promesas da temporada 2018

mércores, 13 mar 2019

Abel Caballero entregou este mércores os diplomas aos deportistas promesas da cidade temporada 2018. Trátase de 15 nenos e 15 nenas, propostas polas súas respectivas federacións, que destacaron o pasado ano nas súas disciplinas. O acto de entrega, levado a cabo na Alcaldía, é a previa da Gala do Deporte de Vigo que se celebrará este xoves no Teatro García Barbón (Afundación).