Escoitar

Medio millar de remeiros competirán este sábado pola XXI Bandeira Concello de Vigo de bateis

A proba foi presentada este luns no Concello polo alcalde e responsables do Club de Remo Virxe da Guía, organizadora da cita deportiva. Con inicio na ETEA, as augas de Teis acollerán a uns cen bateis representando a máis de vinte clubs deportivos de toda a provincia.

luns, 21 feb 2022
Abel Caballero, no centro, xunto ao edil de Deportes, Manel Fernández, e aos representantes do Virxe da Guía: Miriam Figueroa, Marcos Romero e Anxo Barciela.
Abel Caballero, no centro, xunto ao edil de Deportes, Manel Fernández, e aos representantes do Virxe da Guía: Miriam Figueroa, Marcos Romero e Anxo Barciela.

O Club de Remo Virxe da Guía organiza este sábado a terceira proba de tempada do calendario galego de bateis, tamén Memorial Marcelino Barciela, “Lini”. O Concello e a entidade de Teis recuperaron a Bandeira no 2018 e desde entón se mantén fiel á súa cita na ETEA.

O batel é unha embarcación de remo de sete metros de eslora e uns setenta quilos de peso, cun patrón e catro remeiros. Nas augas viguesas competirán homes e mulleres en categoría absoluta ou da base, desde alevíns ata xuvenís. Segundo puxo en valor Abel Caballero, Teis converteuse en punto de referencia do remo galego e eloxiou o traballo do Virxe da Guía.

O alcalde, ademais, tamén valorou que o Concello que preside converteu á ETEA nun "gran recinto deportivo" que conta con dous pavillóns, un campo de fútbol e, nas súas augas, a práctica de deportes como o remo ou mesmo a natación en aguas abertas.

Polo club, participaron na rolda de prensa desde luns Marcos Romero, Anxo Barciela e Miriam Figueroa. Esta última, na súa intervención, agradeceu o “apoio” do alcalde e do concelleiro de Deportes para a celebración da Bandeira Concello de Vigo de bateis. Figueroa tamén adiantou que se pretende iniciar este ano a modalidade de remo olímpico: “A ver se conseguimos que Vigo teña participación en campionatos de España co remo olímpico”.

Descargar todas as imaxes