Abel Caballero transmite aos empresarios a importancia da construción da autovía en túnel entre Vigo e O Porriño
Nun almorzo informativo no Círculo de Empresarios de Galicia, o alcalde pediu a unidade da cidade para defender as infraestruturas “fundamentais e imprescindíbeis” como a autovía en túnel entre Vigo e O Porriño, a liña de alta velocidade Vigo – Ourense por Cerdedo, a saída sur ferroviaria en alta velocidade e o apoio ao Aeroporto de Vigo. Caballero di “non pedir máis, só o mesmo que teñen o resto de cidades de Galicia e as grandes cidades de España”. Lamentou así a posición da Xunta de Galicia e o presidente Núñez Feijóo na súa negativa de ampliar a A-52 en túnel ata Vigo. No acto, Abel Caballero recibiu unha placa do Círculo de Empresarios co seu nomeamento como Socio de Honor “polo impulso a nosa institución durante o seu mandato como alcalde de Vigo”. Manifestando deste xeito “o seu recoñecemento e afecto”.