mércores, 23 febreiro 2022

Vigo demanda á Xunta elevar o seu orzamento cultural para a cidade

mércores, 23 feb 2022

O Pleno acordou pedir que o goberno autonómico incremente os recursos para as infraestruturas e axentes culturais da cidade, para acadar un nivel similar ao resto das urbes galegas e reflectindo o peso demográfico e socioeconómico vigués. A moción, presentada polo grupo do goberno de Vigo, foi apoiada por todos os concelleiros e concelleiras, coa excepción dos edís do Partido Popular.

A Corporación súmase ao Día Mundial das Enfermidades Raras

mércores, 23 feb 2022

Nunha declaración institucional, pídese garantir o acceso á equidade, diagnose, tratamento e atención dos pacientes con este tipo de doenzas. Na UE, as enfermidades raras son aquelas con unha prevalencia de menos de 5 persoas por cada 10.000 habitantes. A metade das familias esperan máis de 4 anos para logra un diagnóstico e un 20 % máis dunha década. Ademais, só o 5 % das máis de 6.000 enfermidades raras teñen tratamento.