A Orquestra Clásica de Vigo programa 3 actuacións na nova tempada
O edil de Cultura, Abel Losada, e o director técnico, Manuel Martínez, presentaron en rolda de prensa a proposta musical, cunha actuación centrada na música de Mozart e Carmen, a obra composta en 1967 polo artista soviético Rodión Shchedrin.
O Concello segue na súa aposta pola música clásica. O concelleiro da área de Cultura, Abel Losada, manifestou o apoio do goberno local ante “a resposta satisfactoria das orquestras e a demanda do público e os profesionais cara á este estilo musical”.
O director técnico, Manuel Martínez, explicou que “haberá tres concertos con propostas moi distintas que manteñen unha mesma intencionalidade, que é a escoita contemporánea da música e como esta se conecta entre pezas para xerar os momentos únicos que se comparten na sala de concertos”.
O primeiro deles será o 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro García Barbón cunha proposta clásica centrada na música de Mozart. O segundo será no Auditorio Municipal o 9 de abril ás 20 horas, cunha continuación do retrato monográfico mozartiano co que deu comezo a tempada. A Orquestra Clásica compartirá escenario cos compoñentes da agrupación poético-musical Cintaadhesiva. O terceiro deles será Carmen, a obra composta en 1967 polo artista soviético Rodión Shchedrin.
As entradas están dispoñibles en Ataquilla. Pódese consultar o programa completo no documento adxunto.