mércores, 29 xul 2020
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que a Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, aprazada o pasado 11 de marzo, celebrarase este vindeiro mércores día 5 ás 20:30 horas nos xardíns do Pazo-Museo Quiñones de León
venres, 24 xul 2020
Abel Caballero visitou este venres o segundo campus que se desenvolve no pavillón municipal das Travesas onde un centenar de nenas e nenos desenvolveron ao longo da última semana actividades deportivas de diferentes disciplinas. O rexedor felicitounos polo éxito da experiencia e recalcou a importancia de que se realizase sen incidencias coas normas de seguridade da nova normalidade. Lembrou tamén que o Concello oferta este verán 3.000 prazas nos campamentos infantís e outras actividades didácticas e de ocio.
mércores, 22 xul 2020
Abel Caballero informou este mércores de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobará na súa sesión do xoves contratos por valor de 554.000 euros para reformar dous novos campos de fútbol o de A Guía e o de Fragoselo. O alcalde sinalou que o investimento en campos da cidade supera os 6 millóns.
venres, 17 xul 2020
O alcalde apunta que se retoma a acción cultural e divulgativa nestes espazos coas limitacións precisas para garantir as condicións sanitarias. Toralla acollerá catro recitais de música clásica e en Finca Solita soará música de violonchelo, fagot, percusión ou guitarra
luns, 13 xul 2020
Abel Caballero recibiu este luns na Alcaldía de Vigo ás xogadoras do Bembrive Fútbol Sala feminino que lograron ascender o pasada mes á categoría nacional por segunda vez na súa historia. O rexedor felicitou ao equipo e comprometeu o apoio do Concello durante esta nova etapa na 2ª División na que competirá con clubs de País Vasco, Castilla-León, Navarra, Asturias e Cantabria
xoves, 9 xul 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o expediente de contratación por procedemento aberto da obra no Estadio Municipal de Balaídos que financiarán ao 50% o goberno de Vigo e a Deputación de Pontevedra. A previsión é poder licitala no mes de novembro e o prazo de execución da obra é de 18 meses.
mércores, 8 xul 2020
Abel Caballero asistiu este mércores á presentación do novo escudo do Club de Baloncesto Seis do Nadal de Coia, celebrado no exterior do Pazo Quiñones de León. O rexedor trasladou a súa felicitación ao equipo directivo do Club que exemplifica a forma de entender a modernidade co seu “mecanismo promocional, educativo e deportivo nos seus equipos de baloncesto” que, ao seu entender é unha mostra do carácter de Vigo que é “cada vez máis unha cidade de deporte con valores profundos e sólidos”
martes, 30 xuñ 2020
Vigo recupera Motorocasión, o derradeiro evento no recinto ferial de Ifevi cando se declarou o estado de alarma en marzo, e que volve agora para cumpri-lo seu cometido de reactivación de sector do automóbil de segunda man ou seminovo.
venres, 26 xuñ 2020
Unha trintena de entidades deportivas participaron no encontro virtual para abordar o presente e futuro deste sector.. Nestes momentos o goberno municipal está a tramitar as achegas do ano en curso, unha vez que xa se abonaron as axudas aos deporte de elite.
martes, 23 xuñ 2020
O alcalde anunciou este martes que propoñerá o nomeamento do atleta vigués de “traxectoria exemplar” para que reciba o recoñecemento da cidade. O Concello prepara o acto de entrega dos premios para comezos do vindeiro mes de xullo.