Escoitar

O Retro Galicia, esta fin de semana no Ifevi, amosará “con paixón” o mundo do motor máis clásico

Volve con forza o salón de vehículos clásicos Retro Galicia, esta fin de semana no Ifevi e disposto a recibir a uns 16.000 visitantes en dous días de “paixón polo motor”, como definiu o evento o concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O Concello colabora un ano máis con este salón.

xoves, 17 feb 2022

Como dous anos atrás, cando se celebrou o último salón de motos e automóbeis clásicos, José Enrique Elvira (xerente de Eventos do Motor), Manel Fernández (edil de Deportes) e o xerente do Ifevi, Arsenio Prieto, presentaron no Concello esta nova edición, que terá como eventos centrais especiais a homenaxe ao vigués Guillermo Barreras, primeiro campión de España de rallys de terra (1985) e ao ourensano José Pavón, vencedor do rally de Ourense en 1973. Dous pilotos dos 70 e 80 cuxa homenaxe, o sábado (17:30 horas), virá acompañada por unha exposición de obxectos persoais daqueles tempos.

Serán 16.000 metros cadrados adicados á zona comercial e expositiva (pavillón 2 cuns oitenta expositores), “o corazón da feira”, dixo Elvira, e o “Particular garage” para levar os seus vehículos á venda. No pavillón 1 se desenrolará o aparcamento de clásicos. Entre coches e motos moveranse uns 1.000 vehículos na suma dos dous días.

Dúas exposicións “bastante importantes para a automoción”, sinalou Elvira, terán moita forza no Ifevi, pois a organización vai festexar os 50 anos do Seat 127 e do Renault 5.

O sábado terá lugar tamén a Concentración de Superdeportivos, con exhibición dos coches no aparcamento (11:30 ata as 13.00 horas).

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, resumiu o evento: “Ven cargado de ilusión, optimismo e paixón, e é a nosa obriga contribuír para desenvolver estes proxectos”, calificando ademais a Barreras e Pavón como “dúas lendas do automobilismo”.

A feira abrirá o sábado de 10:00 a 21:00 horas e o domingo de 10:00 ás 20:00 horas.

Descargar todas as imaxes