mércores, 16 febreiro 2022

A Corporación garda un minuto de silencio polo naufraxio do buque Vila de Pitanxo

A Corporación gardou un minuto de silencio en memoria dos falecidos e desaparecidos tras o naufraxio do Vila de Pitanxo. Os edís dos distintos grupos políticos permaneceron fronte ao Concello na Praza do Rei, convocados polo goberno local, para amosar as súas condolencias ás familias afectadas e ao sector do mar polo tráxico suceso nas augas de Terranova, en Canadá. As bandeiras ondearán a medio mastro durante os tres días de loito oficial.