Escoitar

A Praza América tinguirase de amarelo polo Día Internacional contra o Cancro Infantil

O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Cancro Infantil e o Concello ilumina a pérgola da praza, en colaboración coa asociación Bicos de Papel. Os autobuses urbanos de Vigo tamén cooperan e trasladan a mensaxe nos frontais dos vehículos.

martes, 15 feb 2022

O Concello de Vigo iluminará de amarelo a pérgola de Praza América polo Día Internacional do Cáncer Infantil. Abel Caballero declarou en rolda de prensa que acolle a petición da asociación Bicos de Papel e súmase deste xeito á reivindicación deste 15 de febreiro.

O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a enfermidade e sobre a necesidade de que todos os nenos e nenas con cáncer teñan acceso a unha diagnose e tratamento adecuados.

A acción esténdese ao transporte urbano de Vigo. A empresa concesionaria do servizo municipal, Vitrasa, tamén colabora con Bicos de Papel e todos os vehículos portan o rótulo "Día contra o Cancro Infantil", para apoiar, concienciar e visibilizar a enfermidade e o Día Internacional contra o Cancro Infantil.

Por outra banda, este martes tamén estarán iluminadas de cor azul as fontes de Aragón para dar visibilidade ao Día Internacional do Síndrome de Angelman.

Descargar todas as imaxes