Escoitar

Caballero e ASETRANSPO coinciden na necesidade de facer a autovía Vigo – O Porriño en túnel

O alcalde mantivo unha xuntanza co presidente e a xerente da Asociación de Transportista da Provincia de Pontevedra e ambos coincidiron na idoneidade de prolongar a A-52 en túnel ata Vigo.

martes, 15 feb 2022
O alcalde xunto ao presidente de ASETRANSPO, Ramón Alonso, e a xerente, María de la Cruz
O alcalde xunto ao presidente de ASETRANSPO, Ramón Alonso, e a xerente, María de la Cruz

Abel Caballero e o presidente de ASETRANSPO, Ramón Alonso, e a súa xerente, María de la Cruz, mantiveron unha xuntanza na que precisaron a necesidade de facer a autovía entre Vigo e O Porriño en túnel.

O alcalde amosou as alternativas, ao que desde ASETRANSPO, segundo informou en rolda de prensa, manifestou que a mellor é a construción do túnel entre Vigo e O Porriño, o que coincide coa opinión do Concello e o Ministerio de Transportes.

Caballero lamentou de novo “o desacordo total” entre a Xunta e o Concello neste asunto e pediu ao presidente da Xunta a súa rectificación a trasladar á ministra o apoio á autovía en túnel entre Vigo e O Porriño.

Descargar todas as imaxes