Escoitar

Caballero garante o patrocinio municipal ao Memorial Quino Salvo, este ano centrado no Breogán-Valencia

Despois dun ano ausente, o Memorial Quino Salvo regresa o vindeiro día 4 de setembro (sábado, 20:00 horas, Pavillón Central das Travesas) con limitación de entrada, protocolo Covid-19 e un partido espectacular entre o Leche Río Breogán e o Valencia Basket.

luns, 23 ago 2021
A presentación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello.
A presentación tivo lugar no Salón de Plenos do Concello.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentou o cartel do memorial e asegurou que o Concello seguirá sendo patrocinador principal, ademais de estar convencido de que o ano que vén "faremos un memorial como cómpre", en relación con que agora, pola pandemia, os actos limitáronse ao torneo.

"Seguiremos apoiando esta gran mobilización deportiva en memoria de Quino Salvo e este xeito de entender o baloncesto", manifestou o rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da Asociación Quino Salvo, Moncho Lago, e varios dos seus compañeiros de xunta.
Lago indicou que o conxunto valenciano "é un equipo punteiro" e o Breogán, que acaba de ascender a Liga ACB, "fixo un equipo bonito e interesante". Non está o Obradoiro por problemas de calendario. 

A entrada, que se pode mercar a través da web do memorial (memorialquinosalvo.com), custa 15 euros (máis gastos de xestión). A organización solicitou á autoridade sanitaria que permita unha entrada de mil espectadores en lugar de 400.

Descargar todas as imaxes