martes, 24 agosto 2021

Vigo bateu en xullo o seu récord histórico de pernoctacións de turistas españois

martes, 24 ago 2021

As 76.011 estancias superan o dato de xullo de 2019 e representa a cifra máis elevada desde que hai rexistros do Instituto Nacional de Estatística (INE). En datos globais, tanto as noites como os visitantes do pasado mes aproxímanse á etapa previa ao Covid, o que sinala “a recuperación do turismo” na cidade, “importantísimo” para a economía, valorou Caballero.

O Concello lanza este mércores a reserva das mil invitacións para o concerto de Los Secretos

martes, 24 ago 2021

Abel Caballero informou este martes do procedemento para acceder á actuación deste venres ás 22h en Castrelos. A web municipal activará este mércores unha ligazón á plataforma na que formalizar a solicitude das entradas, gratuítas e nominativas, que se repartirán en dous bloques: 500 desde as 10h e outras 500 desde as 18h. Haberá servizo de lanzadeiras ao remate do concerto.

Vigo acollerá un Consulado Xeral de Portugal

martes, 24 ago 2021

O vicecónsul portugués en Vigo, Manuel Correia, anuncioullo este martes ao alcalde vigués. Caballero louvou o traballo desenvolvido por Correia ao longo dos seus seis anos no cargo, en particular no eido cultural, e ambos pasaron revisión aos asuntos comúns entre Vigo e o país veciño, con especial incidencia na saída sur ferroviaria.