Escoitar

O goberno local aproba o convenio para organizar o Open de Vigo do World Paddle Tour

A cita deportiva será entre o 9 e o 16 de maio e volve á cidade logo de que o pasado ano non se celebrase polo Covid. O Concello validou este xoves o acordo coa Deputación para levalo adiante, cunha achega de 55.000 euros a carga de cada administración.

xoves, 22 abr 2021
Foto de arquivo, de decembro de 2018, de presentación do acordo para traer a Vigo unha proba do World Paddle Tour
Foto de arquivo, de decembro de 2018, de presentación do acordo para traer a Vigo unha proba do World Paddle Tour

Vigo recupera este 2021 a súa cita co World Paddle Tour. Despois de dous anos -a edición do pasado ano foi suspendida pola pandemia-, a cidade acollerá novamente o Open entre o 9 e o 16 de maio, nas sedes do Máis que Auga de Navia e no complexo deportivo municipal de As Travesas.

O alcalde deu conta da aprobación este xoves do convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación para a organización do evento. O texto recolle unha achega de 110.000 euros a afrontar a partes iguais polas administracións presididas por Abel Caballero e Carmela Silva, respectivamente.

O Open vigués, rexido polo protocolo de prevención contra o Covid, comezará o 9 de maio cunha fase previa que acollerá o Máis que Auga de Navia. Posteriormente, o certame trasladarase ás pistas vermella e central do pavillón das Travesas, segundo indicou Caballero.

Descargar todas as imaxes