O Concello celebra o Día do Libro con lecturas na rúa, contacontos e bookcrossing en rede
Mañá venres, 23 de abril, Día Internacional do Libro, Vigo acollerá diferentes actividades para conmemorar a data. O alcalde avanzou algunhas das propostas municipais para esta xornada e convidou á cidade a sumarse á celebración da data.
O goberno municipal comezará o Día do Libro de 2021 con varias lecturas públicas en diferentes espazos da cidade, nas que poden participar tódalas persoas que queiran, con textos da súa elección que teñan unha duración de entre un minuto e un minuto e medio.
Abel Caballero detallou que as lecturas se celebran na praza Eduardo Chao ás 11 horas, no Mercado de Teis, tamén ás 11, e na Praza América a partir das 13 horas do mediodía. A actividades está organiza polo Concello en colaboración co voluntariado municipal, a Biblioteca Municipal Neira Vilas e Atega (Asociación cultural galega de formación permanente de adultos).
Ademais, a Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle unha sesión de contos da man de Soledad Felloza, que achegará aos participantes as historias de autores clásicos e recentes con textos de Eduardo Galeano, Emilia Pardo Bazán, Olga Novo, Nei Gayman ou Manuel Rivas.
Pola súa parte, o MARCO ofrece unha sesión especial de obradoiro para o público infantil, unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede e o taller 4 HISTORIAS / 4 VIAXES, conducido por María Xosé Martínez, para participantes de 6 a 10 anos. As actividades son de balde, previa inscrición presencial e/ou virtual.