O Concello ofrece 2.788 prazas en campamentos para este verán
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a prórroga dos contratos de xestión de actividades estivais destinadas a cativas e cativos nacidos entre os anos 2004 e 2017 e que ten un orzamento de 227.000 euros. O prazo de solicitude abrirá a última semana de maio.
O alcalde anunciou a prórroga dos contratos de xestión que permitirán ao Concello ofertar 2.388 prazas en campamentos urbanos para nenas e nenos vigueses en diferentes espazos e con medidas especiais de seguridade. O orzamento do programa é de 227.000 euros. A estas prazas haberá que sumar outras 400 de actividades organizadas desde as concellerías de Deportes e de Benestar Social das que se dará conta maís adiante.
A oferta de actividades validada hoxe inclúe o campamento en VigoZoo con 208 prazas, Verán en Samil con 200 prazas, Verán en Alcabre (200 prazas), Verán en inglés (100 prazas), Verán en Navia (195 prazas), Verán en Vigosónico (195 prazas), Verán na Casa da Xuventude (60 prazas), Verán en Coia (60 prazas), Verán mariñeiro (200 prazas), Verán náutico na ETEA (320 prazas), Verán náutico en Bouzas (200 prazas) e o Campamento urbano en Travesas (450 prazas).
Segundo detallou o rexedor, a finais de maio abrirá o período de solicitude de praza nos campamentos, que poderá realizarse de xeito telemático. As prazas adxudícanse mediante un sorteo e, posteriormente, procederase á formalización da praza.
Medidas sanitarias
Abel Caballero explicou que os campamentos municipais -al igual que o ano pasado - desenvolverse con todas as garantías sanitarias establecéndose medidas de seguridade na recepción dos menores como unha declaración responsable dos proxenitores garantindo a saúde dos nenos nos 14 días previos á entrada no campamento. Cada día confirmarase que non se identificou ningunha situación estraña nos nenos, tomarase a temperatura, desinfectarase mans e/ou calzado e na saída informarase aos pais se houbo algunha incidencia e desinfectaranse as mans.