O alcalde felicita ao Seis do Nadal polo ascenso á División de Honor Prata

martes, 26 mai 2026

O conxunto olívico foi recibido este martes polo rexedor, quen lles trasladou a felicitación no nome da cidade polo ascenso á terceira categoría nacional do balonmán feminino. Caballero desexou ás xogadoras e ao cadro técnico e directivo a mellor das sortes nesta nova etapa que comezan nunha competición esixente na que demostrarán o seu bo facer na cancha.

Caballero expresa ás xogadoras do Celta Zorka o "orgullo" de Vigo polo seu regreso á primeira división do baloncesto

mércores, 20 mai 2026

O alcalde felicitou este martes ás xogadoras e á directiva do equipo Celta Femxa Zorka por volver competir na máxima categoría do baloncesto feminino nacional. "Xogades marabillosamente ben. Sodes grandes xogadoras. Os dous partidos da fase de ascenso foron excepcionais, cargados de calidade, do voso liderado e do voso triunfo", afirmou Abel Caballero ao destacar que "na pista sodes forza, paixón, calidade e entrega".