Samil acolle o Circuíto Nacional de Tenis praia 2026

xoves, 2 xul 2026

O rexedor mantivo un encontro coa organización do torneo que se disputará desde este venres, 3 de xullo e ata o domingo 5 de xullo, na Praia de Samil. A competición contará con probas de dobres masculinos e femininos nas categorías absoluta, sub-18, sub-16 e veteranos +40. Caballero trasladoulles a felicitación da cidade e desexoulles o mellor para que as xornadas deportivas se desenvolvan co éxito de edicións anteriores.

O Pleno pide á Xunta que iguale a achega de 200.000 euros do Concello ao Celta de Vigo de baloncesto feminino

luns, 29 xuñ 2026

Os corporativos denunciaron no Pleno deste luns o trato desigual que aplica a administración galega aos equipos de Vigo e A Coruña que necesitan apoio económico para participar nas fases de ascenso da máxima categoría. Mentres o Leyma recibiu 150.000 euros, o Celta de Vigo de baloncesto feminino non contou co apoio económico da consellería de Deportes, fronte aos 45.000 euros achegados polo Concello de Vigo.

Caballero súmase á festa da clausura do Campus Multideporte do Coruxo F.C.

venres, 26 xuñ 2026

O rexedor participou este mércores na clausura do Campus Multideporte do Coruxo FC, unha iniciativa que contou coa colaboración do Concello e que reuniu centos de nenas e nenos arredor da práctica de máis de 30 modalidades deportivas. O rexedor felicitou ao club polo éxito da actividade e pola súa excelente tempada deportiva, destacando o seu compromiso coa promoción do deporte base e coa conciliación das familias viguesas.

O rexedor destaca o compromiso municipal co deporte base no Campus Polideportivo de Balaídos

venres, 26 xuñ 2026

Caballero alcalde asistiu á clausura dunha nova edición do Campus Polideportivo de VIDE, unha iniciativa municipal consolidada que promove a práctica deportiva entre a mocidade de Vigo ao inicio do verán. O rexedor puxo en valor o éxito dun programa que, desde o ano 2000, ofrece unha alternativa de lecer saudable, combinando deporte, aprendizaxe e diversión coa colaboración dos principais clubs vigueses. Abel Caballero destacou a aposta do goberno local polo deporte base ao longo de todo o ano, favorecendo ademais a conciliación das familias durante o período estival.

O alcalde desexa todo o éxito á UB Lavadores para a próxima temporada

martes, 23 xuñ 2026

A Unión Balonmán Lavadores presentou este martes ao novo patrocinador do equipo, Tesol Group, nun acto que serviu tamén para coñecer ás xogadores e xogadores das diferentes categorías, desde benxamín ata senior e para visitar as instalacións da empresa, especializada en robótica e automatismos. Abel Caballero trasladoulles agradeceulles o apoio e desexou ao equipo todo o éxito ante a nova temporada que van comezar. Lembrou tamén que o Concello cambiará o pavimento do pavillón de Lavadores ao longo do verán.

Caballero pon en valor a traxectoria do Rally Rías Baixas

martes, 23 xuñ 2026

A sede do Celta na rúa do Príncipe acolleu este martes a presentación da LIX edición do Rally Recalvi Rías Baixas que se celebrará os días 2, 3 e 4 de xullo cun percorrido de 127 quilómetros pola área de Vigo e con tramos polo centro da cidade. O alcalde valorou que a cita do motor, na "excelencia do deporte" sitúe a Vigo un ano máis no mapa da velocidade e destacou a importancia destes eventos para a cidade, onde o automóvil conforma un piar fudamental da industria. Ademais agradeceu o traballo de Chema Rodríguez, director do Grupo Recalvi, na promoción e apoio a este deporte. No acto participaron, entre outras autoridades, Antonio Troitiño e Manuel Aviño, presidentes, respectivamente, da Federación galega e española de automovilismo.