Caballero pon en valor a traxectoria do Rally Rías Baixas
A sede do Celta na rúa do Príncipe acolleu este martes a presentación da LIX edición do Rally Recalvi Rías Baixas que se celebrará os días 2, 3 e 4 de xullo cun percorrido de 127 quilómetros pola área de Vigo e con tramos polo centro da cidade. O alcalde valorou que a cita do motor, na "excelencia do deporte" sitúe a Vigo un ano máis no mapa da velocidade e destacou a importancia destes eventos para a cidade, onde o automóvil conforma un piar fudamental da industria. Ademais agradeceu o traballo de Chema Rodríguez, director do Grupo Recalvi, na promoción e apoio a este deporte. No acto participaron, entre outras autoridades, Antonio Troitiño e Manuel Aviño, presidentes, respectivamente, da Federación galega e española de automovilismo.