venres, 26 xuño 2026

Tres minutos de silencio polas vítimas dos terremotos en Venezuela

venres, 26 xuñ 2026

Tras os devastadores terremotos sufridos en Venezuela, o rexedor vigués convocou ás 12:00 horas desta mañá tres minutos de silencio na Praza do Rei, na que participou a Corporación Municipal. O alcalde transmitiu o pesar da cidade ante esta traxedia e trasladou "unha aperta de agarimo a todo o pobo irmán de Venezuela, a todas as venezolanas e a todos os venezolanos alí en Venezuela, aos que están nesta cidade e en tantos lugares; que sintan o noso afecto, que sintan a nosa proximidade nun momento tan duro e tan difícil".

O rexedor destaca o compromiso municipal co deporte base no Campus Polideportivo de Balaídos

venres, 26 xuñ 2026

Caballero alcalde asistiu á clausura dunha nova edición do Campus Polideportivo de VIDE, unha iniciativa municipal consolidada que promove a práctica deportiva entre a mocidade de Vigo ao inicio do verán. O rexedor puxo en valor o éxito dun programa que, desde o ano 2000, ofrece unha alternativa de lecer saudable, combinando deporte, aprendizaxe e diversión coa colaboración dos principais clubs vigueses. Abel Caballero destacou a aposta do goberno local polo deporte base ao longo de todo o ano, favorecendo ademais a conciliación das familias durante o período estival.

Caballero súmase á festa da clausura do Campus Multideporte do Coruxo F.C.

venres, 26 xuñ 2026

O rexedor participou este mércores na clausura do Campus Multideporte do Coruxo FC, unha iniciativa que contou coa colaboración do Concello e que reuniu centos de nenas e nenos arredor da práctica de máis de 30 modalidades deportivas. O rexedor felicitou ao club polo éxito da actividade e pola súa excelente tempada deportiva, destacando o seu compromiso coa promoción do deporte base e coa conciliación das familias viguesas.