Escoitar

O Concello licita as obras de humanización do acceso á ermida da Guía

O alcalde avanzou que o Goberno municipal investirá 639.000 euros. “Seguimos traballando por Vigo”, afirmou.

venres, 26 xuñ 2026

Abel Caballero explicou que as obras de recuperación e mellora do tramo de 200 metros da rúa Dona Fermina, o vial que dá acceso á ermida de Teis, desenvolveranse nun prazo de cinco meses.

O Concello adaptará a rúa integrándoa na contorna patrimonial e natural do parque da Guía, ademais de potenciar o espazo destinado ao tránsito dos peóns fronte ao dos vehículos. As obras incluirán a renovación do espazo, así como a instalación de novos servizos e mobiliario urbano. Ademais, renovarase o pavimento, repavimentarase a rampla de acceso ao cruceiro, instalarase unha nova rede de iluminación, semáforos e de rega.

O alcalde lembrou que o proxecto contempla a demolición da estrutura que sostén a pasarela peonil e a antiga cafetería, así como a redistribución da vía cunha nova sección transversal, transformándoo nun espazo con prioridade peonil e con tráfico restrinxido.

Descargar todas as imaxes