Escoitar

O Concello organiza este verán en Castrelos catro campamentos gratuítos para nenos de 5 a 12 anos

O programa despregará unha oferta lúdica para aprender, crear, xogar e compartir experiencias. Participarán 20 nenos por actividade.

martes, 23 xuñ 2026
Cartel da proposta de actividades
Cartel da proposta de actividades

O voceiro do goberno municipal, Carlos López Font, explicou esta mañá que cada participante poderá inscribirse unicamente nunha actividade coa finalidade de facilitar o acceso ao maior número de familias. No caso de que queden prazas vacantes ao finalizar o proceso de inscrición poderán anotarse os nenos que xa participasen anteriormente.

As familias interesadas poden acceder á información das actividades e realizar o trámite de inscrición na páxina web https://museoseduca.vigo.org/

Actividades

  • Laboratorio de arte: 7-10 xullo e 4-7 de agosto. Centrado en descubrir como se crearon as obras desde a Prehistoria ata os pazos do século XX. Tamén abordarán a pintura rupestre, os pigmentos naturais, os retratos e as artes decorativas, que serán os protagonistas das actividades.
  • Arte en construción: 14-17 de xullo e 11-14 de agosto. A cativada participante investigará a historia e a evolución do Pazo de Castrelos, descubrindo torres, xardíns e antigas construcións e roteiros secretos.
  • Castrelos, cámara e acción: do 21 ao 24 xullo e do 18 ao 21 agosto. A fotografía e a imaxe servirán para viaxar pola historia de Castrelos. Os retratos fotográficos da familia, as placas estereoscópicas, o excepcional arquivo fotográfico de Hugh Allen. Nenas e nenos experimentarán con técnicas relacionadas coa fotografía.
  • O gran teatro de Castrelos: do 28-31 xullo e do 25-28 agosto. Os participantes darán vida aos habitantes dos castros, aos personaxes retratados no museo e aos espazos históricos de Castrelos. A través do movemento, a improvisación e os xogos dramáticos explorarán distintas formas de comunicación artística.  
Descargar todas as imaxes