O Concello dispón tres novas áreas de calistenia

xoves, 10 abr 2025

O goberno local abre o proceso de licitación para a substitución da cuberta da grada do campo de fútbol de Samil por un importe de 130.780 euros. Amais, Abel Caballero avanzou que “imos instalar tres cortinas motorizadas de separación” no pavillón de Quirós.

A cidade quere albergar a fase de ascenso de balonmán á Liga Nacional

martes, 8 abr 2025

Caballero recibiu con agrado a proposta do Balonmán Seis do Nadal, que manifestou a importancia que tería para o equipo vigués xogar a fase de ascenso á Liga Nacional na súa cidade. "O equipo masculino vai participar na fase de ascenso á categoría Nacional e eu quero darlles todo o apoio para que a fase de ascenso sexa en Vigo, desde o Concello pagariamos a cota á Federación. Cremos que ten un gran interese para o Seis do Nadal e que continúen tanto os equipos masculinos e femininos cos seus ascensos", afirmou en rolda de prensa.

Caballero felicita aos equipos sénior do Seis do Nadal de balonmán

luns, 7 abr 2025

O alcalde recibiu ás integrantes do equipo sénior de balonmán feminino Seis do Nadal que ascendeu de xeito directo á Primeira División Autonómica tras ser campioas de Liga. Tamén estiveron no Concello os membros do equipo masculino, campión da máxima categoría autonómica e da Copa Federación e que loitará por ascender a categoría Nacional. Abel Caballero felicitou ás xogadoras e xogadores e animounos a seguir medrando co deporte, co nome de Seis do Nadal de Coia e de Vigo. Os membros de ámbolos equipos recibiron unha medalla co seu nome serigrafiado como premio e recoñecemento aos seus logros.