xoves, 25 set 2025
O estadio municipal de Balaídos contará con 43.000 asentos, unha vez rematada a ampliación de Tribuna que xa está en marcha. Esta grada, única e continua, suporá un retranqueo de 30 metros sobre a actual bancada e permitirá cumprir os requisitos FIFA para que Vigo sexa sede do Mundial.
mércores, 24 set 2025
O alcalde respondeu esta mañá ás verbas de Rafael Louzán, presidente da Federación Española de Fútbol, explicando que “ten no seu despacho o proxecto da reforma do estadio con todo o que imos realizar ampliando a Tribuna”.
luns, 22 set 2025
Abel Caballero informou que esta semana rematan “os traballos de instalación de ancoraxe dos 313 pilotes da cimentación profunda”
mércores, 10 set 2025
Abel Caballero felicitou de xeito “moi enfático” á asociación “Vigo contra o cancro” polo “gran traballo realizado por esta cidade”, tras o anuncio da entidade de que non continuará organizando a proba, pertencente ao circuíto Run Run Vigo. A administración municipal asumirá a partir da vindeira edición a súa realización.
luns, 1 set 2025
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a disputa dun trofeo internacional solidario de hóckey a patíns para esta fin de semana (6 e 7 de setembro) no polideportivo municipal Pablo Beiro de Bouzas. O Hóckey Club Cíes organiza o evento co Concello de Vigo e o rexedor felicitou ao seu presidente, Leonardo Torres, “Tomba”, e a Elena Mosquera, a súa delegada, por “estar, apoiar e potenciar a loita contra unha enfermidade rara, a hiperplasia suprarrenal conxénita”.
martes, 26 ago 2025
O goberno local orzamenta 100.000 euros máis para o próximo curso e o alcalde anuncia que as prazas chegarán ás 5.500, 500 máis que o ano anterior.
venres, 22 ago 2025
O rexedor aproveitou para felicitar ao Celta polo 25 aniversario da obtención da Copa Intertoto, destacando que “é o único equipo de Galicia que conta cun título europeo nas súas vitrinas”
mércores, 20 ago 2025
Abel Caballero explicou que se substituirán por vestiarios “modernos”, que se realizarán mediante “un sistema modular que nos permitirá construílos a moita velocidade”.
martes, 19 ago 2025
Abel Caballero saudou hoxe a Jorge Soto, único deportista galego que participa na selección sub-16 de Voleibol. Este vigués de 14 anos, que actualmente xoga no equipo Voleibol Vigo, disputou coa selección española o campionato europeo de voleibol en Armenia quedando subcampioa europea e logrando a clasificación para o mundial nesta categoría.
luns, 11 ago 2025
Abel Caballero desvelou esta mañá os datos de ocupación hoteleira da segunda fin de semana de agosto, sinalando que é a suma "da mobilización do verán e a do Marisquiño", que tivo unha edición do festival urbano "mellor ca nunca, fóra de serie". O rexedor aseverou que isto tivo o seu reflexo no nivel de ocupación hoteleira, que acadou un "98%; un cheo total" polo que se congratulou polo emprego e os recursos que xera na cidade.