mércores, 5 mar 2025
O Concello colabora co Consello Superior de Deportes e a Fundación España Activa na estratexia nacional do fomento do deporte contra o sedentarismo e a inactividade física no marco 2025-2030. As actividades comezarán o 31 de marzo e desenvolveranse ao aire libre na Alameda de Bouzas, praza da Independencia e a peonil do Calvario.
luns, 3 mar 2025
O alcalde deu conta este luns dos pagamentos realizados polo Concello no mes de febreiro que sumaron un total de 11.328.0000 euros. Amais, explicou que desde o 10 de marzo haberá dez pistas de tenis operativas en Samil.
venres, 28 feb 2025
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do servizo de coordinación de seguridade e saúde das obras de mellora da piscina de Teis que ten un orzamento de 6.977.000 euros
mércores, 26 feb 2025
Abel Caballero asegurou este mércores, no acto de entrega no Pavillón das Travesas dos equipamentos e o material deportivo a 38 escolas deportivas de Vigo, que o Concello continuará na senda trazada nos últimos anos de aumentar a dotación económica para a práctica do deporte. " O próximo ano aumentaremos orzamento un 25 por cento e ao seguinte outro 25 por cento . Cada vez temos qur ir cubrindo máis deporte", afirmou o alcalde ao incidir en que "o deporte vertebra Vigo, por iso a nosa vocación e dedicación".
mércores, 26 feb 2025
Abel Caballero anunciou que, como novidade, “este ano, iniciamos o torneo de fútbol en venres e prolongase dez días”.
mércores, 26 feb 2025
O alcalde fixo pública esta mañá una misiva do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na que atribúe a non elección de Vigo como sede do Mundial á “ausencia de influencia do goberno local”. Trátase dunha frase “intolerable e inadmisible” porque a elección dos distintos emprazamentos debería estar baseada en criterios obxectivos, seguindo a convocatoria pública.
martes, 25 feb 2025
O alcalde envía unha carta ao presidente da Xunta de Galicia solicitándolle que traslade á Federación de Fútbol a petición de publicidade das valoracións das sedes candidatas. “Confío en que sexa imparcial e defenda, tamén, a sede de Vigo”.
venres, 21 feb 2025
A Xunta de Goberno aprobou hoxe subvencións para equipos deportivos de elite cun importe de 415.00 euros.
xoves, 20 feb 2025
O acto de entrega dos premios VIDE de fútbol e fútbol sala da tempada 23/24 arrincará ás 20:00 horas. Abel Caballero explicou que "queremos recoñecer o deporte e a calidade", entregando 22 galardóns "aos mellores xogadores e xogadoras, árbitros, clubs e tamén a traxectoria de directivos da tempada pasada".
mércores, 19 feb 2025
Abel Caballero avanzou este mércores que a nova Grada de Gol do estadio municipal de Balaídos, que conta cun investimento de 26 millóns de euros, estará terminada a principios de 2027. Iniciadas as obras o pasado mes de xaneiro, o próximo fito da construción terá lugar o vindeiro luns 24 de febreiro co inicio da retirada dos asentos.