martes, 25 abr 2023
O alcalde presidiu esta mañá, no Auditorio Mar de Vigo, a reunión sobre o proxecto Vigo-Balaídos como cidade interesada en albergar encontros da Copa do Mundo
venres, 21 abr 2023
O alcalde deu conta do inicio da contratación dos itinerarios formativos que se desenvolverán no novo Centro de Formación da rúa Alta a partir do mes de xuño. Tamén se aprobaron subvencións ao deporte e a cultura.
martes, 18 abr 2023
O alcalde reunise esta mañá coa nova directiva do Círculo Mercantil, unha sociedade “importantísima” na cidade que conta con 2.500 socios. Durante o encontro, acoraron estudar a posibilidade de cooperar na organización de eventos deportivos.
venres, 14 abr 2023
O goberno local vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para promover o deporte feminino. As achegas adxudicaranse por concorrencia competitiva primando ás entidades que máis licenzas femininas teñan e ás que reúnan a máis mulleres nas respectivas xuntas directivas.
venres, 14 abr 2023
Ata o 2 de xuño estará aberto o período para inscribirse de xeito gratuíto no torneo internacional de fútbol base de Vigo que comeza o calendario de competicións o vindeiro 19 de xuño.
martes, 4 abr 2023
Abel Caballero mantivo un encontro este martes co presidente do club, Carlos Álvarez, e coa adestradora do equipo Cristina Cantero, a quen acompañaba Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega de Baloncesto. Trasladáronlle ao rexedor a planificación que manexan para xogar a fase de ascenso á primeira división da liga Endesa de baloncesto feminino.
luns, 3 abr 2023
O alcalde pon de manifesto o “apoio masivo” do Concello á celebración de O Marisquiño e manifesta estar disposto a asumir a totalidade do financiamento institucional se non hai colaboración desde outros ámbitos.
xoves, 30 mar 2023
O alcalde explicou este xoves que a proba da Travesía a Nado das Illas Cíes e o Tríatlon Desafío Illas Cíes poderán celebrarse en agosto e setembro, como estaba previsto.
xoves, 23 mar 2023
O rexedor participou este xoves na presentación da XXII edición do Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bai e II MiniBai que se celebra o vindeiro domingo, 26 de marzo e que este ano foi recoñecida cun dos galardóns da cidade. Na súa intervención destacou o papel do deporte na cidade, así como o "orgullo de poder entregarlles hoxe a medalla de Vigueses Distinguidos" e animou a todos os deportistas que participen na proba.
venres, 17 mar 2023
O alcalde deu conta esta mañá da renovación do convenio de colaboración con Érguete, entidade á que o Concello adica máis de 750.000 euros e á que lle agradece o seu “extraordinario” traballo na cidade. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a unha transferencia de 125.000 euros en favor da Fundación VIDE.