Escoitar

Monte da Mina e Samil contarán cun novo céspede artificial de última xeración

O alcalde explicou que se aprobou a licitación para mudar o céspede do campo onde disputan os encontros como locatarios o Racing Castrelos e o Rápido de Pereiró, cun importe de 336.000 euros. En Samil, ademais do céspede, actuarase tamén no peche do recinto.

venres, 27 mar 2026

“Iniciamos a licitación das obras para renovar o céspede artificial do campo Monte da Mina en Castrelos”, comezou relatando o rexedor, explicando que será “un novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración”. Contará cun importe de de 336.000 euros e con 60 días para a execución, tras este proceso “un novo campo dispoñible para practicar deporte na cidade”.

Campo de Samil

Na Xunta de Goberno deste venres, tamén se aprobou a licitación das obras para o mantemento e a mellora das condicións do campo de fútbol de Samil, cun importe de 590.000 euros. A primeira intervención “e a máis importante é a substitución do céspede actual por un céspede novo artificial e de última xeración”, afirmou o primeiro edil.

“Imos renovar tamén a rede de augas pluviais e saneamento e a instalación dun circuíto de reaproveitamento para almacenar a auga da chuvia para regar o campo”, sumado a renovación de todo o alumeado do campo. O alcalde tamén se referiu á construción do novo peche e o muro que tivo un problema de afundimento cara ao río Lagares, e recordou que neste intre esta en marcha a renovación da cuberta da bancada. Finalizou Abel Caballero sinalando que “será un campo excepcional”.

 

Descargar todas as imaxes