Escoitar

Concello e Transportes asinan un protocolo para a humanización da AP-9

Caballero deu conta esta mañá da sinatura dun acordo de colaboración entre o Ministerio de Transportes e o Concello de Vigo para a mellora, integración e humanización da AP-9 e o seu contorno. O obxectivo é aumentar a permeabilidade con actuacións compatible coa seguridade viaria e o servizo da autoestrada.

xoves, 26 mar 2026

O alcalde de Vigo e o ministro de Transportes, Óscar Puente, asinaron o protocolo de colaboración para a mellora, integración e humanización da AP-9 e o seu entorno. Explicou que o obxectivo do proxecto é aumentar o grao de permeabilidade e integración da AP-9, a través dunha humanización da contorna que sexa compatible coa seguridade viaria e o nivel de servizo da autoestrada. Con ese fin, estudaranse medidas que de permeabilidade e integración urbana para que a autoestrada non supoña “unha ruptura da cidade”, creando zonas cubertas ao longo da vía, pasos peonís para cruzala, cunha redución “moi notable” da contaminación acústica.

A previsión é actuar en catro tramos da AP-9, desde Teis ata Alfonso XIII: o tramo 1 desde o enlace de Teis ata o paso Superior de Trapa; o tramo 2, desde o paso Superior Trapa ata o enlace de Bos Aires; o tramo 3, desde Bos Aires ata o enlace de Isaac Peral e o tramo 4, desde Isaac Peral ata a rúa Alfonso XIII.

Abel Caballero informou de que o Concello realizará os estudos previos do tramo 4 na parte urbana da cidade e o Ministerio de Transportes liderará os estudos previos dos tramos 1, 2 e 3 en coordinación con Audasa. Así, o Concello asume o tramo máis urbano, entre Isaac Peral e Alfonso 13, unha zona na que a administración local xa actuou coa instalación do HALO; en Escolas Públicas e onde está previsto incorporar un área de rehabilitación integral de vivenda, segundo detallou.

Insistiu en que “queremos una AP-9 humanizada desde Teis ata Alfonso XIII, aproveitando espazos dispoñibles como as marxes da autovía ou a confluencia con esta rúa. Estes traballos previos permitirán establecer as propostas de actuación, o seu alcance ou valoración aproximada para rehabilitar de forma definitiva a AP-9. “Levamos medio século esperando por un protocolo que formará parte da revolución, urbanística e paisaxística da cidade de Vigo”, concluíu.

 

Descargar todas as imaxes