venres, 27 marzo 2026

Vigo inicia a Reconquista cunha previsión de ocupación hoteleira do 60%

Abel Caballero celebrou que Vigo sexa nestas datas unha cidade turística e cualificou a Reconquista como "a romaría urbana máis importante de Galicia". As rúas de Vigo xa están preparadas para comezar a fin de semana grande da efeméride viguesa, con máis de 240 postos de gastronomía e artesanía repartidos por todo o Casco Vello. O acto da representación da expulsión das tropas de Napoleón será o domingo ás 18:00 horas.

Vigo estrea a aplicación blyr para facilitar o transporte en taxi

venres, 27 mar 2026

O alcalde trasladou hoxe o seu apoio ao sector do taxi no acto de presentación da nova aplicación aplicación móbil Blyr deseñada para facilitar a solicitude dun vehículo. Caballero puxo en valor a iniciativa que mellora a prestación do servizo e que se adapta ás novas necesidades de mobilidade de Vigo.