Escoitar

O Goberno local aproba a convocatoria das becas de comedor e libros para o vindeiro curso 2026-2027

A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases da convocatoria das becas de comedor e libros para o curso 2026-2027. Ascenderán a preto de 3 millóns de euros. O apoio a cada familia aumenta en máis dun 50 por cento, xa que pasa de 426 a 640 euros anuais.

venres, 27 mar 2026

Abel Caballero explicou hoxe que o Goberno municipal aprobou a convocatoria para as becas de comedor do novo curso escolar, que aumentan en 214 euros anuais por alumno, ao pasar a axuda de 45 a 70 euros ao mes, polo aumento do custo da alimentación. “Un aumento moi importante”, recalcou.

O alcalde afirma que o Concello convoca as becas, destinadas ás nenas e nenos de 3 a 16 anos, en tempo xa que acaba de pechar o prazo para solicitar unha praza escolar por parte dos pais. “Acabado o prazo, inmediatamente, convocamos as bolsas en tempo e forma”, apuntou.

As bases da convocatoria de Vigo manteñen que para poder solicitar a axuda no cómputo de renda familiar pódese restar o importe do alugueiro da vivenda ata un máximo de 600 euros.

Caballero lembrou que o Concello concedeu 3.509 becas de comedor e que na nova convocatoria mantense o criterio de que “todas as familias que cumpran os requisitos teñen asegurado que contarán cunha beca porque non hai nin listas de espera, nin límite do número de bolsas”.

Becas de libros

A Xunta de Gobierno tamén aprobou hoxe as bases para as becas do libros e material escolar por 135.000 euros para as nenas e nenos de educación infantil, de 3 a 5 anos.

Na última convocatoria o Concello aprobou 1.443 becas por 144.330 euros.

Descargar todas as imaxes