Escoitar

A bandeira do Pobo Xitano volve ondear sobre a Praza do Rei

Abel Caballero mantivo unha xuntanza coa Fundación do Secretariado Xitano de Vigo e Galicia na que fixeron entrega da bandeira do pobo xitano que xa ondea na fachada da Casa Consistorial. O día 8 celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, unha xornada na que se reivindica o seu dereito ao recoñecemento e á igualdade. Esa data recorda o primeiro Congreso Mundial romaní celebrado en Londres en 1971, onde se instituíu a bandeira e o himno deste pobo. Amais, este ano 2025 conmemórase o 600º aniversario da chegada das persoas xitanas á península ibérica. Caballero informou que, como ven sendo habitual, a Federación exporá o seu manifesto no próximo pleno do mes de abril. No ano 2025 conmemorouse o 600º aniversario da chegada das persoas xitanas á península ibérica.

xoves, 26 mar 2026
Descargar todas as imaxes