Escoitar

O Concello restaurará o armazón de madeira dos canóns de O Castro

Caballero deu conta esta mañá dunha nova actuación na recuperación da fortaleza de O Castro que prevé a restauración dos armazóns de madeira dos canóns. O obxectivo é devolverlle a estas pezas o seu aspecto orixinal ao tempo que se subliña o seu valor histórico.

venres, 27 mar 2026

O Concello avanza na mellora da fortaleza de O Castro coa contratación da restauración dos armazóns de madeira dos canóns. Cun importe de 33.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, trátase dunha actuación fundamental para preservar e conservar estas pezas históricas. Estes traballos de rehabilitación, ademais de garantir a seguridade das pezas, permitirá devolverlle aos canóns o seu aspecto orixinal, mellorando a súa estética e realzando o seu valor histórico e cultural.

Urbanismo

O alcalde avanzou esta mañá o inicio dun expediente de expropiación para a obtención de solo destinado a novo equipamento no contorno da Igrexa de Santa Ana de Beade. Trátase de varias parcelas cunha superficie aproximada de 3.000 m² aproximadamente.

O Concello humanizará a zona, xerando un espazo máis amplo e adaptado á celebración das distintas festas e eventos que se desenvolven nos arredores do templo. A actuación permitirá contar cun espazo público e central para toda a parroquia.

Descargar todas as imaxes