O Concello dedica 1,3 millóns a O Marisquiño, que volverá a Samil o 6 de agosto
O alcalde asinou esta mañá, xunto coa organización do festival, un convenio por valor de 1.342.000 euros e destacou que "teremos o mellor Marisquiño que se tivo nunca, financiado na súa totalidade polo Concello”. O festival de cultura e deportes urbanos celebrarase do 6 ao 9 de agosto en Samil.
Abel Caballero e o fundador do Marisquiño, Carlos Domínguez "Pity", asinaron esta mañá o convenio de financiamento do festival que ascende a 1.342.000 euros. O mellor festival de cultural e deportes urbanos do mundo celebrarase do 6 ao 9 de agosto na praia de Samil e volverá reunir durante estes días a 1.500 deportistas de máis de 30 países, así como uns 60 artistas.
Esta edición contará con oito disciplinas deportivas: Skate, BMX, Breaking, Basket 3x3, Flatland, Big Air, FMX, MTB, consolidándose como unha referencia internacional nestas disciplinas. Ademais, o evento manterá o seu carácter inclusivo coas probas adaptadas de Skate e BMX para persoas con discapacidade. A programación cultural volverá ter un papel protagonista con concertos, sesións de DJ, arte urbano e batallas de freestyle.
O Concello asume na súa totalidade o custo do evento e, grazas ao convenio firmado hoxe, as actividades do Marisquiño son de balde para todas as persoas asistentes. O alcalde criticou que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra non acheguen financiamento ao festival: "todo o Marisquiño en exclusiva o Concello de Vigo”.